|
Maiores
Hoxe en día os nosos maiores fan vida
social: van ó centro social, organizan excursións,
disfrutan das súas aficcións: manualidades, canto,
bailes de salón, “a partida”.
Cada vez interesanse máis por todo tipo de
actividades que lles axuden a mellorar o día a día
como: ioga, técnicas de relaxación…O que buscan os
maiores e unha maior calidade de vida e iso precisa
a estimulación, activación e mantenemento das
capacidades psicóloxicas, físicas e sociais .
Deste interés e necesidade surxe o noso traballo na
área da terceira idade desde un punto de vista
psicosocial.
O traballo nas Residencias basase nos seguintes
obxetivos:
1.Posta en marcha de programas de estimulación e
coordinación de programas de animación para persoas
maiores: manualidades, musicoterapia, xogos, etc.
2.Difundir unha visión realista do proceso de
envellecemento e abandona-los estereotipos e a
discriminación mediante charlas e debates
3.Rechazo da idea de que a institucionalización é
prácticamente sempre sen retorno, carente de calquer
perspectiva de recuperación, e loitando pola
estimulación das súas capacidades.
4. Tendo en conta o punto anterior, trabállase para
mante-la autonomía da persoa maior mentras sexa
posible. O mesmo tempo hai que reduci-la pasividade,
fomenta-la motivación, estimula-la comunicación e a
interacción, reforza-la autoestima e a confianza en
sí mesmos.
5.Promove-las relacións sociais entre os residentes,
persoal do centro e familiares.
6.Mante-lo contacto do residente co exterior.
7.Asesoramiento ás familias e/ou persoas maiores.
8.Realizar actividades de intercambio
interxeneracional donde crear uns lazos máis
estreitos e unha imaxen máis positiva dos maiores.
A-Coordinación da animación.
A animación é o conxunto de actividades que unha
institución ou un individuo realiza en relación a
uns usuarios co fin de estimula-la vida diaria,
actividades que axuden a súa normalización, ó
desenvolvemento da súa creatividade e libertade como
persoas que viven nun contexto social determinado.
B-Programas de estimulación.
O primeiro paso do traballo de estimulación será a
valoración do estado físico, socioafectivo e
cognitivo de cada un dos residentes, así como unha
entrevista cos familiares. Poderán facerse dous
tipos de grupos segúndo as actividades que vaiamos a
realizar: grupos heteroxéneos onde a interacción e a
integración dos residentes entre sí sexa o
prioritario, e grupos homoxéneos, tendo en conta o
seu estado cognitivo, e seguindo a seguinte
clasificación:Pérdida de memoria aislada.Demencia
leve, moderada ou moderada-severa. Nestas sesións
traballarase cos distintos procesos cognitivos como
a percepción, atención, memoria, linguaxe,
imaxinación, cálculo, orientación temporo-espacial
razoamento, reminiscencia…Tamén relaxación,
motricidade e orientación á realidade
C- Programas individuais de estimulación.
Van dirixidas a persoas individuais de terceira
idade que están interesados en mantener a sua mente
en forma, por medio da valoración integral do estado
cognitivo, anímico e social e o tratamento
individualizado no fogar ou nas nosas instalacións.
D- Obradoiros da memoria en asociacións
Ximnasia mental para preveni-lo deterioro das
funcións cognitivas, mellora-lo seu estado anímico e
proporcionarlles un lugar onde falar da súas cousas
con outras persoas e atopar solucións para o día a
día. Son programas realizados en asociacións.
 |